Aquí atoparás máis información sobre os autores aos que se lle dedicaron as Letras Galegas nos últimos anos. 

   
Valentín Paz Andrade
Biografía de Valentín Paz Andrade Web da Secretaría Xeral de Política Lingüística Xogo do CEIP Condesa de Fenosa Xogo do Seminario Galán Recursos da web de Norberto Vídeo informativo sobre Valentín Paz Andrade Webquest sobre Valentín Paz Andrade
 

No ano 2012 o día das Letras Galegas foi adicado a Valentín Paz Andrade .

 "Valentín Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra. ."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Valentín Paz Andrade:

Lois Pereiro

LOIS PEREIRO

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro.

 "Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:


Uxío Novoneira

Uxío Novoneyra

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Uxío Novoneyra .

 "Poeta do Courel, é a representación máis xenuína da denominada Segunda Xeración de Posguerra, que agrupou, na década dos cincuenta, a autores de significada tendencia galeguista. A súa poesía foi evolucionando ao longo do tempo enmarcándose, parte dela, na denominada “poesía da terra”, sendo o seu ciclo de poemas coureláns auténticos documentos dun gran valor cultural e antropolóxico."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:

  • O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), unha vez máis nos achega un fabuloso traballo de investigación sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas, así como unidades didácticas para Ed. Infantil e todos ciclos de E. Primaria. Boísima e imprescindible para traballar no aula. Non deixes de dar unha volta pola súa web.

    Materiais que nos ofrecen en .pdf:


Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Ramón Piñeiro.  Naceu en Láncara, provincia de Lugo, no ano 1915 e finou en Santiago de Compostela no ano 1990.

Compaxinou a faceta de intelectual coa de político galeguista, sendo unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX.

A súa obra non é extensa e trata sobre temas filosóficos e lingüísticos relacionados coa normalización do galego .

Participou na fundación das editoriais Galaxia e Grial, e na posta en marcha da revista Mocidade Galeguista

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Ramón Piñeiro:

  • O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), unha vez máis nos achega un fabuloso traballo de investigación sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas, así como unidades didácticas para Ed. Infantil e todos ciclos de E. Primaria. Boísima e imprescindible para traballar no aula. Non deixes de dar unha volta pola súa web.

    Materiais que nos ofrecen en .pdf, para baixalos preme no botón dereito e dalle a "Guardar destino como...":


Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez

As Letras Galegas no ano 2008 está dedicado ao escritor e defensor da língua  Xosé María Álvarez Blázquez. Nas seguintes webs podes topar información sobre a súa vida e obra, así como varias unidades didácticas:
 

  • O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), unha vez máis nos achega un  fabuloso traballo de investigación sobre a homenaxeado nas Letras Galegas, así como unidades didácticas para Ed. Infantil e tódolos ciclos de E. Primaria. Boísima e imprescindible para traballar no aula. Non deixes de dar unha volta pola súa web.
  • Unidade Didáctica (publicada en Issuu) sobre Álvarez Blázquez elaborada por Mercedes Queixa. Útil.
  • Xosé Antón Vicente volve a propornos un xogo sobre o autor homenaxeado, que nos pode servir para comprobar os coñecementos adquiridos polos alumnos. Moi útil.
  • Especial da Biblioteca Virtual galega sobre o escritor homenaxeado. Boa.
  • Web de 17maio.org da Consellería de Cultura e Deporte que ofrece bastante información sobre Xosé María Álvarez Blázquez. Boa
  • Artigo recollido na web de Culturagalega.org. Aproveitable.
  • Real Academia Galega. Ofrece unha cronoloxía e un espazo aberto para opinar sobre as Letras Galegas. Útil.
  • Webquest do IES Alfonso X de Cambre e o IES de Ferrol.
  • Breve ficha de autor de Ed. Xerais.
  • Webs de diasdasletrasgalegas.com.
  • Na wikipedia galega tamén trae algo de información.
  • Xan Carballo conversa co seu fillo.

María Mariño Carou

As Letras Galegas no ano 2007 estivo dedicado á poetisa María Mariño Carou. Nas seguintes webs podes topar información sobre a súa vida e obra, así como varias unidades didácticas:

  • Webquest elaborada por min e destinada a 3º Ciclo de E. Primaria e ESO. 1º Premio do concurso de Webquest da Xunta de Galiza.
     
  • O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), unha vez máis nos achega un  fabuloso traballo de investigación sobre a homenaxeada nas Letras Galegas, así como unidades didácticas para Ed. Infantil e tódolos ciclos de E. Primaria. Boísima e imprescindible para traballar no aula.
     
  • Especial da Biblioteca Virtual galega sobre a escritora homenaxeada. Boa.
  • Web de 17maio.org da Consellería de Cultura e Deporte que ofrece bastante información sobre María Mariño. Boa
  • Biografía elaborada por Ana Romaní para a web Culturagalega.org do Consello da Cultura Galega. Boa.
  • Fotobiografía de Fran Alonso no blog cabrafanada (31-3-07), autor dun libro infantil sobre María Mariño "A vida secreta de María Mariño". Moi interesante.
  • Galería de imaxes recollidas na web de Culturagalega.org. Aproveitables.
  • Poemas en .pdf recollidas na web de culturagalega.org. Tamén podes oír un arquivo sonoro do poema "Vogar".
  • Cronoloxía bioliteraria distribuída polo Consello da Cultura Galega. Útil.
  • Webquest elaborada por Ester Vázquez e publicada en Edugaliza e Hisparco idónea para traballar con nenos de 2º e 3º Ciclo de Primaria e ESO. Útil.
  • Actividade en Jclic para traballar a vida e obra de María Mariño. Bo.
  • Documento bibliográfico en .pdf,con bastantes imaxes, elaborado por Xesús Pacoret do CEIP Canosa-Rus. Interesante.
  • Arquivo en .pdf do SGI (Servizo Galego de Igualdade), coa súa biografía e unha mostra da súa obra. Útil.
  • María Mariño Carou en Wikipedia. Entre todos deberíamos de mellorar esta información.
  • Real Academia Galega. Ofrece unha cronoloxía e un espazo aberto para opinar sobre as Letras Galegas. Útil.
  • Pequena reportaxe en AGE (Asociación Galega de Editores).
  • Web arxentina de Galicia espallada www.galespa.com.ar con datos sobre a súa vida e obra.
  • Breve ficha de autor de Ed. Xerais.
  • Webs de diasdasletrasgalegas.com.
  • Información da Biblioteca Virtual Galega.Boa.
  • Información da poetisa recollidas en Vieiros.
  • Xogo de preguntas, para momentos de lecer, elaborado por Xosé Antón Vicente para a web de Edugaliza. Moi divertido.

Manuel Lugrís

O ano 2006 estivo dedicado a Manuel Lugrís. Nas seguintes webs podes topar información sobre a súa vida e obra, así como varias unidades didácticas:

  • O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), proporciónanos un traballo de investigación sobre o autor ó que se lle dedican as Letras Galegas, así como unidades didácticas para Ed. Infantil e tódolos ciclos de E. Primaria. Boísima e imprescindible para traballar no aula.
  • Como tódolos anos, os mestres Afonso Vázquez Monxardín e Vicente Santos, do IES As Lagoas de Ourense, comparten o seu traballo sobre o autor ó que se lle dedican as Letras Galegas. Boísima e máis que suficiente para E. Primaria.
  • Na web http://www.17demaio.org podedes atopar unha ampla información sobre a vida e obra do autor, así como a súa cronobiografía e unha recopilación de enlaces na rede. 
  • A web da Real Academia Galega ofrece información sobre a vida e obra do autor.
  • Material elaborado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e enviado ós cetros educativos (26 Mg)
  • Webs de diasdasletrasgalegas.com.
  • Información da Biblioteca Virtual Galega.
  • Postales do autor recollidas en Vieiros.

Xesús Lorenzo Varela

O ano 2005 dedicouse a Xesús Lorenzo Varela. Nas seguintes direccións poderás encontrar aspectos de interese da súa vida e obra.


Xaquín Lorenzo "Xocas"

O ano 2004 dedicouse ó ourensán Xocas. Nas seguintes direccións poderás encontrar aspectos de interese da súa vida e obra.

  • Páxina web do IES As Lagoas que ofrece unha ampla galería de imaxes, entre outras cousas.

Outras ligazóns de interese

Na web da BVG atoparedes información de tódolos homenaxeados.

Na web do IES das Lagoas de Ourense hai moita información dos homenaxeados desde o ano 1997.